Join us on a literary world trip!
Add this book to bookshelf
Grey
Write a new comment Default profile 50px
Grey
Subscribe to read the full book or read the first pages for free!
All characters reduced
As múltiples cores da vida - cover

As múltiples cores da vida

Carla Míguez Bóveda, Estrela Rivas López, Nazaret Blanco Pardo, María Victoria Carrera Fernández, Rebeca Jorge Rodríguez, Ártemis López Fuentes, Alejandro Raposo González

Publisher: Editorial Galaxia S. A.

  • 0
  • 0
  • 0

Summary

Máis de medio século despois das revoltas de Stonewall Inn (Nova York, 1969), os avances en relación á situación das persoas LGBTI son innegables en practicamente todas as sociedades que se consideran a si mesmas desenvolvidas, máis queda aínda moito por conseguir.Neste libro, coordinado por María Victoria Carrera Fernández e Nazaret Blanco Pardo, achéganse traballos onde se nos amosa a dura realidade que ten que enfrontar este colectivo: discriminación, violencia, dificultades de integración, etc., á vez que se fan propostas de estratexias para promover unha sociedade máis xusta e libre de discriminacións e violencia.
Available since: 10/11/2024.
Print length: 320 pages.

Other books that might interest you

  • Avelino Cabezas e os seus irmáns - Un relato de Narón - cover

    Avelino Cabezas e os seus irmáns...

    Antón Seoane-Pampín Montenegro

    • 0
    • 0
    • 0
    É esta \"unha odisea\", unha aventura que recolle a evolución dunha saga, dende os tempos da grande emigración galega a América do Sur, a finais do século XIX, ata os lindeiros da Segunda Guerra Mundial; a de cinco irmáns, catro cativos de unha rapaza, nados en Narón, entre 1870 e 1878.É esta unha historia entrefebrada de esforzo, sufrimiento e éxito comercial, honesto e solidario, recoñecido polo mundo empresarial porteño. Quen os guiou foi o maior, Avelino, nado en 1870, que marchou con 13 anos ao Uruguai, para, ao pouco, establecerse na emerxente Buenos Aires. Seguiríano os outros catro.Foi Avelino Cabezas un empresario innovador, imaxinativa, de ideario humanista e sentido equitativo, todo un adiantado no mundo da publicidade, con escintilante éxito comercial entre o remate do século XIX e o seu falecemento en 1916, acompañado dos seur irmáns, que seguiron a súa senda ata 1936. Do seu poderío económico seguen a dar fe dúas casas: unha, El Paraíso, na Córdoba arxentina, a outra, Libunca, en Narón.
    Show book
  • Libro das colunas - cover

    Libro das colunas

    Luísa Villalta

    • 0
    • 0
    • 0
    Recóllese nesta compilación a obra xornalística publicada por Luísa Villalta nas súas columnas do semanario A Nosa Terra entre o 4 de xaneiro de 2002 e o 4 marzo de 2004, tan só dous días antes do seu falecemento.Son escritos de variada temática, mais en todos eles están presentes as liñas de forza que percorren a súa obra, dende o compromiso coa lingua e a cultura galegas, a militancia cidadá, a denuncia social e a loita contra a indulxencia e a conivencia co poder establecido.Di Luísa Villalta que, entre outras moitas cousas, os libros serven para levar as contas pendentes, para poñer ao ar as feridas. E así o seguen a facer hoxe estas “colunas” súas, malia os vinte anos que transcorreron. Palabra de Luísa.
    Show book
  • Millennials: Unha xeración entre dúas crises - cover

    Millennials: Unha xeración entre...

    Raquel C. Pico

    • 0
    • 0
    • 0
    A xeración millennial medrou na España que “vai ben” e estaba chegando á idade adulta cando o país estaba na “Champions da economía”. Todo apuntaba a un futuro cor de rosa, mais a realidade acabou sendo moi diferente. A crise de 2008 freou a súa entrada no mundo laboral e a pandemia foi un golpe inesperado cando estaban comezando a ver unha lixeira recuperación. E agora seguen atrapados nunha sorte de eterna xuventude precaria. Dano colateral dunha sucesión de crises históricas, esta xeración está queimada pola precariedade laboral, o inaccesible mercado da vivenda, por ter que pospoñer unha e outra vez os grandes fitos da vida adulta. E, se miran ao futuro, non son optimistas. Malia todo, a gran conquista millennial é, xustamente, que as relacións, as actividades e as realidades importantes poden ser as que decidan que sexan.
    Show book
  • Galicia e Portugal Irmandade e fronteira - cover

    Galicia e Portugal Irmandade e...

    Ramón Villares

    • 0
    • 0
    • 0
    Este ensaio, nunha primeira versión en lingua portuguesa, tiña como horizonte establecer un diálogo coa historia e coa cultura portuguesas, feito en claves galegas, pero non desconectadas da cerna histórica de Portugal; pero tamén como unha mirada ao futuro que permita entender que Galicia e Portugal poderán alcanzar unha nova dimensión institucional e un importante peso rexional no cadro da Unión Europea, aproveitando as vantaxes das políticas transfronteirizas.Os contidos básicos daquel ensaio publícanse agora nesta editorial, con algunhas revisións e engadidos para o lector galego. O libro é unha aposta por contribuír ao diálogo intelectual entre Galicia e Portugal, como fixeron moitos dos nosos devanceiros, desde a maioría dos membros da xeración Nós, con Vicente Risco de cabezaleiro daquela estratexia, ata a xeración Galaxia, nomeadamente por parte de Ramón Piñeiro e Fernández del Riego, que encontraron excelentes interlocutores alén Miño e mantiveron aceso ese diálogo durante moitos anos.
    Show book
  • Códigos Numéricos Sagrados da Agesta - Números que bendicen a túa vida - cover

    Códigos Numéricos Sagrados da...

    Edwin Pinto

    • 0
    • 0
    • 0
    Estes Códigos Numéricos Sagrados ou Códigos de Curación foron canalizados recentemente e
    son mensaxes transmitidas de varios mestres ascendidos; Nai María, Divina Nai Shekinah,
    Arcanxos Rafael, Jofiel, Miguel, Uriel, Xoán o Amado, etc.
    
    Como explica o Arcanxo Rafael, estes son códigos da época da Atlántida, eran
    tamén un agasallo para a xente daquela época, logo coa caída da Atlántida e o
    redución das vibracións no planeta estes códigos xa non eran utilizables.
    Agora volvemos ao mesmo nivel de vibración e estes Códigos numéricos están totalmente
    funcional de novo!
    
    Hai varios grupos de códigos que se aplican dun xeito diferente, detallareinos a continuación
    cada un, de todos os xeitos aquí poñerei cada canalización e nalgunha pode haber máis
    especificacións, polo que suxiro que o leas por completo se estás interesado nalgún código nel
    (aínda son curtas).
    
    Os niveis de enerxía destes códigos son dunha vibración moi alta, espero que este Manuscrito
    ser de utilidade para ti. Honro este momento que me permitiu facer a recompilación e entregarllo
    polo teu ben superior.
    Show book
  • Melodías e voces esquecidas - cover

    Melodías e voces esquecidas

    Carlos Enrique Pérez

    • 0
    • 0
    • 0
    Melodías e voces esquecidas é unha máquina do tempo, que nos traslada ao pasado dun Vigo en continua evolución, e móstranos como era a súa sociedade, os seus teatros, os seus gustos culturais, musicais e como todo isto se vai consolidando, e cambiando, ata un século despois.Carlos Enrique Pérez, plasma neste traballo o retrato dunha cidade e das súas xentes ao longo dun período clave da súa historia máis recente, e afonda en aspectos como o marco urbano e o contexto social, os espazos escénicos, as compañías líricas itinerantes, as sociedades de recreo e salóns burgueses, a música dos cafés e, por suposto, o desenvolvemento das propias tempadas líricas, coas súas grandes ou modestas estrelas, compositores e obras.
    Show book