Agustín Fernández Paz
Naceu en Vilalba (Lugo) e, desde hai vinte anos, reside en Vigo. Ademais de perito industrial, é mestre e licenciado en Ciencias da Educación. Por máis de tres décadas traballou como docente no ensino primario e no secundario. Na actualidade, dedícase exclusivamente á escritura. É autor de numerosos títulos dirixidos, preferentemente, a lectores infantís e xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas. Ademais de premios tan importantes coma...